Memoria Histórica do Barbanza anuncia a presentación do libro ilustrado “Diarios de Julio Silva” e un novo certame xunto coa Nova Escola Galega

04 Febreiro 2025

Este 4 de febreiro celebrouse en Ribeira a presentación de dúas accións que vai a levar a cabo a Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza; por unha banda a presentación do libro ilustrado Diarios de Julio Silva e pola outra o I Certame de Memoria Histórica do Barbanza. Á convocatoria asistiron, a concelleira de Cultura, Antía Alberte, o presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, Carlos Cimadevila e o membro vocal da mesma, Xoán Hermida.

Antía Alberte introduciu o acto de presentación anunciando que o vindeiro sábado 8 de febreiro, ás 19:00 h, o Centro Cultural Lustres Rivas acollerá a presentación do libro ilustrado Diarios de Julio Silva, unha obra baseada nos escritos persoais de Julio Silva Vilas, sindicalista, xornalista e activista republicano ribeirán, asasinado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 1937 pola represión franquista.

A concelleira agradeceu á Comisión “polo seu traballo, poñendo en valor o coñecemento do noso pasado; son cousas que custan lembrar e dixerir pero é necesario porque ese pasado axúdanos a ter consciencia do noso presente e axúdanos a construír un futuro”.

Carlos Cimadevila falou do libro indicando que ofrece unha visión íntima do pensamento e da vida de Silva Vilas, quen foi secretario xeral da UGT en Ribeira, membro da Juventud Cultural Republicana e colaborador en xornais como La Lucha, RAIG e Ser. No seu diario, recuperado recentemente pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de Barbanza (CRMHB), reflíctense as súas ideas, as súas esperanzas e o medo crecente ante a persecución política que finalmente lle custou a vida.

Julio Silva foi detido tras o golpe de Estado de xullo de 1936 e xulgado en decembro dese ano en Santiago xunto con outros compañeiros e condenado a pena de morte. Os seus escritos, agora recompilados neste libro-álbum, permiten reconstruír non só a súa historia persoal, senón tamén o, contexto político e social da época.

Baseado nas memorias que escribiu no cárcere e que foron redactadas por José Antonio Pérez Fernández, este álbum ilustrado rescata a historia de Julio Silva, un barbeiro “cuxa vida simboliza a loita pola liberdade e a resistencia fronte á barbarie da Guerra Civil”, explicou Cimadevila, quen finalizou agradecendo o apoio do Concello de Ribeira e o Concello de Rianxo xunto cos ilustradores: José Antonio Pérez, Pura Villar e a Mónica Paula Montero.

Para rematar Xoán Hermida informou dos detalles do I Certame de Memoria Histórica do Barbanza “que ten como obxectivo de recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente materiais sobre a memoria histórica que, polo seu valor e interese, contribúan ao desenvolvemento educativo de Galicia”. O certame, que está organizado conxuntamente ca Nova Escola Galega, busca favorecer a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica, ao tempo que promove os valores democráticos e a dignidade inviolábel da persoa.

Os materiais didácticos presentados deberán estar dirixidos aos diferentes niveis de ensino e tratar calquera tema relacionado coa Memoria Histórica e a Memoria Democrática, que cumpra abordar no desenvolvemento do currículo educativo. Poderán presentarse traballos orientados a educación infantil, primaria ou secundaria (ESO, Bacharelato,FP).

As bases colgaranse na web do Concello (www.ribeira.gal) máis nas redes sociais de MHB.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.