Aumentan a 315 as incidencias relacionadas coa borrasca Ivo

29 Xaneiro 2025

O 112 Galicia xestionou 315 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa ata as cinco desta tarde.

Con respecto ao anterior balance, poucos cambios en canto á tipoloxía das intervencións que se rexistraron, pois segue a ser a caída de árbores, cables, postes e sinais de tráfico o tipo de incidencia máis repetido. Deste xeito, contamos máis dun cento de intervencións pola caída de vexetación e 46 por cables, postes, carteis e sinais de tráfico. Ademais, debemos subliñar as saídas dos equipos de emerxencias por asolagamentos e bolsas de auga nas estradas, que sumaron un total de 20 no período antes indicado.

Cómpre engadir as accións desenvolvidas polos grupos de intervención para reducir riscos á poboación, como é a retirada de obxectos susceptibles de caer á vía ou calquera outra situación que afecte á seguridade das persoas. Estas intervencións sumaron un total de 75 no mesmo intervalo de tempo.

En canto ao reparto por provincias, indicamos que destaca A Coruña con 127 incidencias, Pontevedra con 116, Lugo con 53 e Ourense con 19.

Se atendemos aos concellos, sinalamos os que rexistraron maior número de intervencións en cada provincia. Así, na Coruña, Santiago (16), Narón (6), A Coruña (6), Ferrol (5), Ames (5); en Pontevedra, Vigo (45), Pontevedra (14), Redondela (6), ; en Lugo, Burela (7), Vilalba (5), Friol (4); en Ourense, Maceda (3), O Barco (2), Carballiño (2), Celanova (2).

Con todo, debemos indicar que ningunha das intervencións rexistradas causou danos persoais e, en todo caso, insistimos na necesidade de manter a precaución, xa que volve activarse a alerta vermella en boa parte do litoral de Galicia e continúa a observación e vixilancia nos ríos por puntuais desbordamentos. Neste senso, lembramos que as alertas activas poden consultarse aquí. 

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.