Ribeira celebra o Día da Ilustración cun contacontos ilustrado de homenaxe a Xosé Vizoso (este sábado no Lustres Rivas)

29 Xaneiro 2025


O Día da Ilustración celébrase cada ano cadrando coa data do nacemento de Castelao e nesta celebración, demais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, réndese homenaxe cada ano a un ilustrador galego. Esta edición de 2025 vai dedicada a Xosé Vizoso, que é o primeiro autor ao que se lle rende tributo en vida. A homenaxe chegará a Ribeira o sábado 1 de febreiro ás 11.00 horas no Centro Cultural Lustres Rivas.

O contacontos ilustrado Homenaxe a Xosé Vizoso da agrupación Polo Correo do Vento inclúe música e un obradoiro de debuxo para toda a familia. Trátase dunha cita para toda a familia (nenas e nenos a partir de 3 anos).

Quen desexe acudir deberá escribir un correo a normalizacion@ribeira.gal. Haberá agasallos para a rapazada que acuda ao espectáculo.

Ficha da función

Vizoso énos ben coñecido, xa veremos como sabemos del moitas cousas, e coñecemos moitas obras, pero ademais con Polo Correo do Vento aprenderemos a facerlle un retrato… Ben, unha caricatura xeitosa! E tamén cantaremos cancións para que sexa a gran festa do debuxo.



Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.