Mércores 29, chega IVO unha nova borrasca que traerá chuvias persistentes

28 Xaneiro 2025

Este mércores, unha nova borrasca desprazarase polo Cantábrico, provocando un notable empeoramento das condicións meteorolóxicas en Galicia. O paso dunha fronte fría asociada á borrasca IVO deixará chuvias persistentes durante a mañá, que serán intermitentes pola tarde, aínda que ocasionalmente fortes e acompañadas de sarabia e aparato eléctrico.

A cota de neve situarase inicialmente nos 1000 metros, pero descenderá ata os 800 metros ao final da xornada. Pola súa banda, as temperaturas non experimentarán cambios significativos.

O vento soprará con forza no litoral, de compoñente oeste pola mañá e virando a noroeste-norte a partir do mediodía. No interior, os ventos serán moderados, aínda que con intervalos fortes nas zonas altas. Recoméndase precaución debido á intensidade do vento e ás posibles acumulacións de neve en áreas montañosas.

meteolgalicia

O noso mar: Vento do oeste á mañá e á tarde e do noroeste á noite, forza 7 a 8 á mañá e 6 a 8 á tarde e á noite. Vaga. Visibilidade mala á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do oeste á mañá e noroeste á tarde e á noite, con ondas de 5 a 5.5 metros á mañá, 6 a 7 metros á tarde e 6.5 a 7.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.