Heredeiros da Crus, este sábado na Pousada de Boiro

12 Marzo 2020

Malia que xa teñen as entradas todas vendidas dende hai máis dun mes, dende pouco despois de que os tíckets se puxeran en distribución, segue a ser un acontecemento digno de terse en conta o concerto que os Heredeiros da Crus ofrecen na súa terra este sábado 14 de marzo, presentando o seu novo disco, Derretidos, e prometendo facendo vibrar até o último tabique do local boirense A Pousada da Galiza Imaxinaria. O concerto, culminación en Barbanza da súa Xira Europrea, non será inmune á ameaza do COVID-19, que fixo que se cancelasen os Premios MIN da Música que se ía entregar esta semana en Madrid e nos cales a banda de Ribeira estaba nomeada na categoría de mellor traballo discográfico do ano en galego (o seu último traballo Derretidos). Todo apunta a que no concerto deste sábado extremaranse ao máximo as medidas de seguridade e protección.

Volvendo ao concerto en si mesmo, será en boa medida a presentación da súa nova contribución discográfica, que chega seis anos despois do seu anterior LP (Jard Rock con Fe) e tres logo do seu último single (Buscando a Superfama). Porén, tendo en conta que os Heredeiros é un grupo de evolución pero tamén de continuidade (son modernos a forza de seguir fieis á fórmula de sempre), haberá marxe para eses temas históricos da banda que non é só que se resistan a saír das nosas cabezas e dos nosos reprodutores de música, sexamos da idade que sexamos, é que son xa clásicos da música galega contemporánea.

Derretidos está composto por doce contundentes cancións con todos os trazos orixinais de Heredeiros presentes (o humor, o galego, a retranca, a contundencia rockeira) e algún que outro máis de agasallo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.