O pasado sábado 25 de xaneiro pola mañá celebrouse no Ateneo Valle Inclán de Ribeira a asemblea xeral da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza na que se elixiu un nova executiva para os próximos dous anos. Esta seguirá sendo dirixida polo mestre xubilado de Xeografía e Historia Carlos Cimadevila Álvarez, presidente da Comisión dende 2023 e que seguirá presidindo a asociación ata 2027. Tamén repite na responsabilidade Néstor Sieira, mentres que se incorpora á mesma Rocío Yáñez, estudante de Socioloxía que substituirá a Francisco Regenjo nesta nova andaina da asociación referente da memoria democrática na bisbarra.




