Os menores de 35 anos poderán solicitar o “Bono Emancípate” da Xunta desde o 6 de febreiro

26 Xaneiro 2025

A Xunta de Galicia abrirá o próximo 6 de febreiro o prazo para solicitar o Bono Emancípate, unha axuda destinada a facilitar o acceso á vivenda para mozos menores de 35 anos. Esta iniciativa busca promover a independencia deste colectivo mediante un apoio económico directo ao alugueiro.

O bono, que se enmarca dentro das medidas do goberno autonómico para impulsar a emancipación xuvenil, cubrirá parte do custo do alugueiro mensual, co obxectivo de aliviar a carga económica que supón acceder a unha vivenda en réxime de arrendamento.

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou este sábado que o Goberno galego dará luz verde este luns ao Bono Emancípache, unha “tarxeta moedeiro”

Acto “Vivenda, Mocidade, Galicia” celebrado en A Coruña- Fonte PPDEG

Requisitos e detalles da axuda

Para acceder ao Bono Emancípache, os solicitantes deberán cumprir unha serie de requisitos, entre eles estar empadroados en Galicia e acreditar ingresos dentro dos límites establecidos. A contía da axuda e as condicións específicas serán detalladas nas bases publicadas pola Xunta.

Este programa pretende responder as dificultades que enfrontan os mozos galegos para acceder a unha vivenda, agravadas pola inflación e o encarecemento do mercado inmobiliario.

As solicitudes poderán tramitarse de maneira telemática ou presencial a partir do 6 de febreiro, e espérase unha alta demanda por parte dos mozos interesados en aproveitar esta medida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.