Atención para domingo 26
Galicia enfróntase este domingo a un forte temporal con ventos que superarán os 120 km/h. Vento moi forte do suroeste. Refachos por riba dos 70-80 km en toda Galicia.

Unha profunda borrasca, que se formará nas proximidades de Galicia, deixará este domingo un escenario de intenso temporal en terra e no mar. Espéranse refachos de vento superiores aos 100 km/h en amplas zonas do territorio galego, alcanzando os 120 km/h no noroeste da provincia da Coruña.
As precipitacións serán xeneralizadas, con maior intensidade e persistencia na metade oeste e sur da comunidade. Este panorama virá acompañado dun lixeiro ascenso nas temperaturas, malia o vento moi forte que soprará do suroeste, especialmente nas zonas costeiras e nas áreas de maior altitude.
Alerta no mar e en terra
As condicións no litoral serán especialmente adversas, con mar moi grosa e forte ondada, polo que se insta á poboación e ao sector marítimo a extremar as precaucións. As autoridades advirten de posibles complicacións en estradas e infraestruturas debido aos ventos intensos, recomendando evitar desprazamentos innecesarios e asegurar obxectos susceptibles de ser arrastrados polo vento.
Recoméndase seguir as actualizacións meteorolóxicas e atender as instrucións das autoridades ante este episodio de tempo adverso, que marcará a xornada do domingo en Galicia.

O noso mar: Vento do sudoeste, forza 6 a 8 á mañá, 8 a 9 á tarde e 7 a 8 á noite. Vaga á mañá e á noite e vagallón á tarde. Visibilidade mala. Mar de fondo do oeste, con ondas de 5 a 6 metros á mañá e á tarde e 6 a 8 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



