A cicloxénesis explosivas e borrasca Eowyn afectará de refilón a Galicia.
Este venres, San Francisco de Sales, unha fronte activa chega ao longo da xornada, especialmente cara á noite. A mañá comezará con ceos parcialmente anubrados e precipitacións febles localizadas no oeste da provincia da Coruña e no litoral de Pontevedra. No resto do territorio, espérase unha mañá sen chuvias significativas.
Co avance do día, a situación meteorolóxica cambiará de forma notable. Pola tarde e noite, as precipitacións serán máis intensas, avanzando de oeste a leste por toda a comunidade.
En canto ás temperaturas, as mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento será outro dos protagonistas da xornada, soprando con forza desde o suroeste. Pola tarde, agárdanse refachos superiores aos 70-80 km/h en toda Galicia, con intensidades que poderán superar os 100 km/h na Mariña lucense e nas zonas montañosas de Ourense.

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do sur á tarde e do oeste á noite, forza 6 a 7 á mañá, 6 a 8 á tarde e 3 a 4 á noite. Media vaga á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e mala á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá, 5 a 6 metros á tarde e 4 a 6 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



