O Goberno de Ribeira presenta unha moción conxunta a prol da recuperación dos bancos marisqueiros

23 Xaneiro 2025

O pasado 15 de xaneiro os partidos que conforman o Goberno local de Ribeira presentaron por rexistro unha moción conxunta para incluír no pleno do vindeiro luns 27 cunha serie de medidas orientadas á recuperación da produción de bivalvos nos bancos marisqueiros.

Na moción faise saber que “é ben coñecido por toda a poboación da ría de Arousa que xa fai máis de
cinco anos da caída empicada das capturas de bivalvos nos bancos marisqueiros da ría e sobre todo dos bivalvos”. Engádese que “se tomamos como referencia a Lonxa de Aguiño no ano 2020 e comparamos co número de capturas do ano pasado; estamos falando de un preocupante descenso de -79,68% (datos de
pescadegalicia.gal)”.

Para o equipo do Concello, o panorama “leva tempo sendo alarmante neste sector estratéxico que depende do sustento de moitas familias directamente e tamén indirectamente en terra”.

O concelleiro do Mar e tamén mariscador, Fernando Abraldes informou do día a día do sector e sinalou que a sensación que lle transmiten é de “preocupación e incerteza” porque non se aprecia dende a Administración autonómica, que exerce as propias competencias, “ningún plan integral de saneamento e recuperación sólido que atenda a tódolos actores”.

Abraldes sinalou con respecto ao anuncio da Consellería no CETGA emprazado en Couso, no que se presentou un proxecto para incrementar a supervivencia das especies ante os períodos de baixa salinidade: “Benvida sexa esta iniciativa, pero consideramos que chega un pouco tarde xa que levamos cinco anos con esta situación, non é momento de politizar un problema tan serio, é o momento de xuntar forzas e dende a Concellería seguiremos aportando solucións para fortalecer a saúde da ría e dos veciños e veciñas”.

Con esta moción instarase á Consellaría do Mar a que aumente as axudas ás Confrarías do Municipio de Ribeira coa finalidade de labrar e sementar nas zonas de marisqueo entre outras.

Outros artigos

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.