
A Concellería de Promoción Económica da Pobra do Caramiñal, dirixida por Amparo Cerecedo, convoca os comerciantes e as comerciantes do municipio a unha reunión que terá lugar o vindeiro luns, 9 de novembro, ás 21.00 horas, no salón de plenos da Casa Consistorial, para abordar a campaña de Nadal 2026.
O encontro terá como principal obxectivo presentar as actividades e propostas de dinamización económica previstas para este período, así como informar sobre as iniciativas que se desenvolverán durante as festas.
A xuntanza tamén incluirá un apartado de asuntos varios, no que se poderán tratar outras cuestións relacionadas coa campaña.
Desde o departamento municipal, encabezado por Amparo Cerecedo, anímase o sector comercial a participar nesta xuntanza para coñecer de primeira man as propostas previstas de cara ao Nadal e achegar as súas opinións e suxestións.




