The Rapants inicia este venres 24 en Madrid, no Inverfest, a xira de concertos de 2025

21 Xaneiro 2025

La máquina del buen rollo acende de novo o seu motor. Logo dunha pausa para preparar novos temas e mellorar o seu directo, a banda muradá The Rapants iniciará este venres, 24 de xaneiro, a tempada de concertos de 2025, unha xira que levará por título La máquina del buen rollo: cambiamos la rayita del peinado, e coa que actuarán en distintos puntos da Península Ibérica. A primeira parada do percorrido é o Inverfest: The Rapants presentarán o seu último disco o día 24 na Sala But de Madrid. Aínda é posíbel adquirir entradas en liña para quen ande ese día por Madrid. 

The Rapants aterrará esta fin de semana en Madrid tras uns meses de pausa, nos que tiveron ocasión de descansar -tras unha intensa xira o ano anterior-, preparar novos temas e, especialmente, mellorar un directo que inclúe cambios con respecto do show presentado no 2024, coa intención de que as persoas asistentes aos concertos “gocen aínda máis” dunha proposta que destaca especialmente pola súa intensidade e conexión co público.

Logo da actuación no Inverfest, as seguintes paradas xa confirmadas pola banda son algunhas das citas musicais máis relevantes e coñecidas de Galicia. É o caso da Festa do Queixo de Arzúa, FIV de Vilalba, O Son do Camiño, SonRías Baixas ou Caudal Fest. Son os primeiros nomes que se coñecen dunha xira coa que a banda visitará novos escenarios. 

Ademais, os muradáns serán a banda de apertura dos concertos da nova xira de La Raíz, que regresa aos escenarios logo de seis anos de ausencia. Os rapantes abrirán os directos do grupo liderado por Pablo Sánchez nos concertos que estes ofrecerán o 22 marzo no Coliseum da Coruña (últimas entradas á venda en Ataquilla.com) e o 26 de abril en Avilés, cuxas entradas xa están agotadas.

Primeiras datas confirmadas de La máquina del buen rollo. Tour 2025

24.01 | Inverfest (Sala But, Madrid)
15.03 | Festa do Queixo
22.03 | Xira La Raíz (Coliseum, A Coruña)

25-26.04 | FIV de Vilalba. 

26.04 | Xira La Raíz (Pabellón de La Magdalena, Avilés)

12-14.06 | O Son do Camiño 

02.08 | SonRias Baixas19-20.09 | Caudal Fest

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.