Xampatito Pato leva o espectáculo “Compaña” ao Centro Cultural de Muros (este sábado 25 ás 18h)

21 Xaneiro 2025

Xampatito Pato, sobrenome do acróbata, malabarista e clown Jesús Velasco, estará este sábado 25 de xaneiro en Muros, no auditorio do Centro Cultural e Xuvenil , para ofrecer un espectáculo para a rapazada (maiores de cinco anos): a función Compaña. Será a partir das 18.00 horas e terá un custe de 2,50 euros. Terá unha duración de preto dunha hora. As reservas pódense reservar no documento en liña habilitado polo Concello. Tamén é posíbel reservar e mercar as entradas nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros en horario de 8.00 a 15.00 h.

Este espectáculo combina circo e marionetas para crear un mundo surrealista e onírico, onde a beleza e o humor se unen para ofrecer unha experiencia única. Un personaxe solitario, na procura de compañía, explora a súa imaxinación, enchendo o escenario de emocións, sorpresas e risas.

A concelleira de Cultura, Caridad González, convidou “a todas as familias a desfrutar do inicio da temporada de teatro infantil cun espectáculo de recente creación. “Compaña” é unha oportunidade perfecta para achegar a cultura aos máis pequenos e fomentar momentos en familia”.

O artista

Jesús Velasco comeza a súa carreira artística en 2011 na Escola de Circo Circonove. De 2013 a 2015 perfecciona a súa técnica na Escola Carampa (Madrid) en teatro, danza, acrobacia e malabares (sendo esta última a súa especialidade).

Forma parte da compañía Pass & Company, gañadora do Talent Madrid 2014 e tamén do Premio Off do TAC Festival de Teatro y Artes de Calle de Valladolid co espectáculo Xoguete Roto 3p0.

Nos últimos anos pasou polo Teatro Circo PRICE, Teatros del Canal, The Great State Circus of Moscow, Le Channel Scène Nationale de Calais, Teatro María Guerrero e o Teatro Alfil, entre outros.

Na actualidade segue colaborando coas compañías Gandini Juggling, Ale Hop, Proxecto Sánchez, Chipolatas, Pass and Company e Pistacatro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.