“Afortalar a pesca galega dende Europa?. E quen se ocupa realmente dela dende Galicia?” – Antón Luaces

18 Xaneiro 2025

Ás veces, da a impresión de que o sector pesqueiro galego está máis nas mans de Madrid ou Bruxelas que da propia comunidade autónoma galega. E sendo certo que ambas as capitais dispoñen de moitas máis responsabilidades que Santiago de Compostela sendo esta a capital de Galicia, a rexión pesqueira máis importante da UE, o repouso que deixa este feito no sector galego non ofrece moita seguridade sobre o que aquí, en Galicia, estamos a facer a prol de nós mesmos en materia de pesca.

Así se evidenciou días atrás na toma de posesión de Patricia García Sánchez como nova directora xeral de Pesca da Xunta, cargo no que substitúe a Antonio Basanta por pasar este a integrarse no equipo do comisario europeo do ramo, Costas Kadis.

O conselleiro de Pesca, Alfonso Villares, no acto de toma de posesión de Patricia García e de despedida de Basanta, ao tempo que agradeceu a este os servizos prestados e daba a benvida á súa substituta, referíuse a Antonio Basanta como a persoa que agora “seguirà” insistindo en afortalar a pesca galega dende a Comunidade Europea.

Tan pouco se confía na Consellería de Pesca como elemento indispensable nese afortalamento do sistema conector Galicia-UE, como para entender que o cable que une unha e outra parte na relación bipartita é máis feble precisamente alí onde Europa albisca o forte de Galicia que non é outro  que a pesca?. Ten que vir de Bruxelas ese ánimo que, ao parecer, decae aquí, en Galicia; non abonda coa nosa realidade como potencia pesqueira?. Vai ser un outro galego -dos varios que exerceron responsabilidades en Bruxelas- quen lle quite as castañas do lume ás distintas frotas galegas?. Non chega coa realidade do propio sector galego, que preside as máis importantes organizacións pesqueiras internacionais?. Ou estamos a vivir enganados, coma de prestado?.

Como é sabido, varios galegos desempeñaron en Bruxelas postos de grande responsabilidade na organización comunitaria encargada da Pesca. Cal é a súa pegada, que quedou deles?. Canto ten que agradecer o sector pesqueiro galego a un cidadán desta comunidade autónoma

o labor realizado en Bruxelas, no seo da UE, pola súa repercusión directa na pesca?…

Talvez o erro radica en considerar que todo se resolve na capital administrativa da comunidade europea, cando a verdadeira solución debera ter base alí onde percute realmente (por máis que o ruido atrone aló).

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.