O Concello de Muros renova o rueiro da Rateira, en Abelleira

13 Xaneiro 2025

O Concello de Muros deu continuidade neste arrinque do ano aos seus traballos para mellorar a accesibilidade e a seguridade nas parroquias. Entre os proxectos rematados atópanse as obras de aglomerado e renovación do pavimento na Rateira, na parroquia de Abelleira. As tarefas desenvolvidas incluíron a estrada principal e os accesos aos núcleos de vivendas, limpando e acondicionando tamén as cunetas.

“Estas obras eran unha demanda da veciñanza de Abelleira, unha actuación necesaria coa que damos continuidade ao noso plan de mellora da rede de camiños e viais municipais”, explicou a alcaldesa, María Lago.

“O orzamento destes traballos supera os 26.000 euros e suporán unha mellora importante para a seguridade viaria nunha estrada do concello moi transitada”, engadiu a concelleira de Obras, Laura Rivadeneira.

Os traballos de renovación da rede de estradas e camiños de Muros continuarán por todo o concello ao longo do ano.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.