A Xunta destaca o papel da praza de abastos de Vilanova na dinamización do comercio local

04 Xaneiro 2025

Gabriel Alén destaca o papel da praza de abastos de Vilanova de Arousa na dinamización do comercio local

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, puxo en valor o papel da praza de abastos de Vilanova de Arousa na revitalización do comercio local durante unha visita a este mercado. Este espazo foi un dos beneficiarios da última convocatoria de axudas da Xunta, destinada a melloras necesarias para obter o selo Mercado Excelente e a executar actuacións orientadas a reforzar a súa función como dinamizadores económicos, sociais e territoriais.

Na convocatoria resultaron beneficiados 28 municipios e 19 asociacións e federacións de mercados municipais. No caso de Vilanova de Arousa, instalouse unha pantalla de proxección, financiada co apoio da Xunta, para difundir contido orientado á promoción do consumo local.

Gabriel Alén subliñou a importancia deste tipo de iniciativas para atraer unha clientela nova, aproveitando as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías. Ademais, lembrou que os mercados de abastos xogarán un papel clave no futuro Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, cuxa presentación está prevista para o primeiro trimestre deste ano.

A iniciativa exemplifica o compromiso da Xunta coa dinamización dos mercados tradicionais, combinando innovación e tradición para fomentar a riqueza e o emprego no territorio galego.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.