A unidade móbil informativa e de asesoramento do programa Retorno de Galicia visitará o 24 de xaneiro a vila de Porto do Son, en horario de 9.00 a 14.00 horas, na fachada marítima da vila sonense.
A Secretaria Xeral de Emigración pon en marcha o programa Oficina Móbil de Atención ás Persoas Emigrantes Retornadas. O obxecto deste programa é promover a inclusión e integración da poboación emigrante retornada e dos seus familiares en todo o territorio galego, cubrindo as necesidades de atención en todas aquelas áreas ou concellos que teñan máis dificultades para acceder ás sedes da Oficina de Retorno, situadas nas principais cidades galegas. Achéganse servizos de asesoramento personalizado, información sobre programas de retorno, xestión de trámites, orientación laboral e profesional e soporte en materia de vivenda e educación.
As persoas interesadas poden recadar máis información en 900 102 380 e na web emigración.xunta.gal.




