A Pobra reparte as últimas caramiñas para sortear nuns días a viaxe familiar a Eurodisney patrocinada por CONGALSA

02 Xaneiro 2025

A Pobra do Caramiñal prepárase para despedir ao grande a campaña Volta o Nadal, voltan as Caramiñas posta en marcha pola Concellaría da Promoción Económica. Así, a concelleira Amparo Cerecedo fixo entrega das últimas caramiñas correspondentes coa acción focalizada nas redes sociais, a cal leva en activo dende o 1 de decembro. As persoas agraciadas dispoñen de 200 euros en vales para trocar nos establecementos adheridos. E ata o día 5 de xaneiro existe a posibilidade de gañar a viaxe a Eurodisney, patrocinada pola empresa local CONGALSA, entre tódalas imaxes captadas dende o inicio da campaña.

Quen desexe probar sorte tan só ten que sacar fotos nos photocall coñecidos como recunchos do Nadal situados na Covecha, no Fogar do Nadal (Casa Mariñeira), no parque de Raquel Fernández Soler, na praza dos Irmáns Axeitos, no Cantón da Leña, na praza Victoriano García Martí e na Praza de Abastos. Estas instantáneas compartiranse no apartado de historias do Instagram mencionando a conta @caraminhasnapobra. En caso de termos o perfil privado, teremos que facer o mesmo proceso e, a maiores, enviar unha captura de pantalla da historia á dita conta da rede social para que así se contabilice para o sorteo.

A edil explica que o nivel de participación por estas datas é superior ao do ano pasado, constatando “a boa acollida que tivo entre a xente, especialmente, na mocidade. Esta é, polo tanto, unha forma de achega-lo comercio local á xuventude, máis acostumada a comprar en grandes superficies ou por Internet. Tamén logramos o obxectivo de dinamiza-lo noso municipio a nivel social e económico. Agora toca agardar para ver a quen lle sorrí a fortuna co gran premio final da viaxe familiar a Eurodisney.”

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.