O Concello da Pobra celebra coa veciña Francisca Simil e a súa familia o seu 103 aniversario

02 Xaneiro 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal comezou o 2025 felicitando a unha das súas veciñas centenarias: Francisca Simil Mariño. Para ela cada Aninovo é motivo de dobre celebración, pois non só é a benvida a un novo ano, tamén é o seu aniversario. Nada en 1922, esta veciña da Laxe soprou onte 103 candeas. Por iso, o alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira das Relacións Institucionais, Patricia Lojo, achegáronse nesta xornada ata a súa casa para felicitala en persoa e facerlle entrega dun ramo de flores.

Alí estaba acompañada de parte da súa familia, entre eles, o seu fillo, Ricardo Lago Simil, e o seu xenro, Isaac Maceiras Rivas; ambos estreitamente vencellados á vida política da localidade exercendo, o primeiro, como concelleiro en anteriores mandatos e, o segundo, como rexedor do municipio durante dezaseis anos, entre 1999 e 2015.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.