O CEIP de Louro, entre os premiados pola Xunta no X Concurso de Traballo por Proxectos

30 Decembro 2024

A Xunta recoñeceu o labor das bibliotecas escolares de 16 centros educativos de toda Galicia cos premios do X Concurso de Traballo por Proxectos. O certame, impulsado pola Consellería de Educación, busca estimular o deseño e desenvolvemento de traballos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación desde a biblioteca escolar.

A temática dos traballos era aberta, sempre e cando se desenvolveran contidos curriculares e se contribuíse a potenciar a adquisición de competencias claves por parte do alumnado.

A convocatoria contemplaba catro modalidades de participación. Na primeira delas, de proxectos que combinan diversas materias (ou Proxectos Documentais Integrados) coordinados desde a biblioteca escolar e que conten coa participación dun mínimo do 40% dos grupos-aula do centro, prémianse 10 centros, que reciben cada un 2.000€ para gastos relacionados co traballo presentado. Os galardoados nesta categoría son os que citamos deseguido:

Pola Coruña, o CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña), o CEIP Plurilingüe de Louro (Muro), o IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago) e o CEE Manuel López Navalón (Santiago).

Por Lugo, o IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo).

Por Pontevedra, o IES Illa de Ons (Bueu), o CEIP Plurilingüe da Torre-Cela (Bueu), o CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas (Meaño), o CEIP Plurilingüe As Veigas (Ponteareas) e o CEIP Plurilingüe de Leirado (Salvaterra de Miño).

Na segunda modalidade, de iniciativas de investigación dirixidos por profesorado dun grupo ou nivel, os premiados son os seguintes centros de Vigo: o CEIP Alfonso Rodríguez Castelao e o IES Valadares.

Na terceira categoría, de proxectos de investigación dirixidos por profesorado para grupos de diferentes cursos ou niveis, recoñécese o traballos destes centros: o CPI Domingo Fontán de Portas (Pontevedra) e o IES Valadares de Vigo.

Nestas dúas categorías os premios son de 1.500€ por centro.

Finalmente, con 3.000€ por galardón, na cuarta modalidade, de proxectos de investigación intercentros para desenvolver un proxecto común, os centros premiados son os seguintes: o CEIP de Galán de Arteixo e o CRA de Culleredo.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.