A RAG culmina as homenaxes a Luísa Villalta coa tradución ao hindi dunha escolma de poemas de Papagaio

30 Decembro 2024

A RAG quixo rematar o ano dando continuidade á celebración das Letras Galegas 2024 e ás homenaxes á poeta Luísa Villalta (A Coruña 1957 – 2004) e o seu universo literario. A Real Academia Galega ponlle agora o ramo a este ano que lle dedicou á poeta, dramaturga, ensaísta e narradora abríndolle a porta a unha das maiores comunidades de falantes do mundo. O profesor da Universidade Nacional Aberta Indira Gandhi da India Vikash Kumar Singh, exalumno dos Cursos de lingua e cultura galegas Galego sen fronteiras, asina a tradución ao hindi de oito poemas de Papagaio na edición que se incorpora ao catálogo de publicacións dixitais de academia.gal, ilustrada cunha selección das fotografías de Maribel Longueira que inspiraron os versos.

“O meu obxectivo principal foi crear unha tradución poética que preserve o espírito, o ton e a voz lírica de Villalta, logrando que os poemas funcionen de maneira independente en hindi, respectando ao mesmo tempo a súa esencia orixinal”, explica Vikash Kumar Singh. “Espero que esta tradución anime os lectores indios a coñecer e valorar a figura literaria de Luísa Villalta, especialmente a aqueles interesados nos estudos literarios indo-hispánicos e na teoría da tradución”, engade.

“Vikash Kumar Singh agasállanos con esta tradución dalgúns dos poemas máis significativos da protagonista do Día das Letras Galegas ao terceiro idioma en número de falantes do mundo. Intúo que Luísa Villalta quedaría fascinada coa nova musicalidade das palabras que escribiu para lles dar voz ás mulleres apartadas ás marxes das marxes”, expresa o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, na presentación do volume, editado co apoio da Xunta de Galicia, e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Temas con eco na poesía feminista india

Segundo lembra a RAG, Luísa Villalta deixou escritas dezanove composicións para as instantáneas que Maribel Longueira realizara sobre o derrubamento do Papagaio, o barrio da prostitución da Coruña. O froito daquela colaboración artística e de denuncia da violencia contras as mulleres, e da especulación urbanística, saíu do prelo tras a morte da escritora, no ano 2006. Este testamento literario ilustra dous trazos esenciais da personalidade creadora da autora: “a súa forte dimensión interartística e a aposta polo compromiso social”, apunta a académica María López Sández no limiar da edición bilingüe Poemas escollidos de Papagaio. “Reivindicativa, firme e solidaria, a súa ollada deixa patente a violencia machista e o estigma que sofren as mulleres, baixo os cascallos da cidade ferida que asoma nos versos do poemario. A imbricación que se dá neste libro entre as palabras de Villalta e as imaxes de Longueira conforma un produto semiótico total ao que agora vén sumarse a voz de Vikash, a sonoridade do hindi”, conclúe.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.