Amicos agasalla á Deputación con axendas de 2025

22 Decembro 2024

A semana pasada a Asociación Amicos, entidade inclusiva do Barbanza, agasallou á Deputación da Coruña cun lote de axendas de 2025 elaboradas a man polo alumnado dos seus obradoiros nos centros de Comoxo (Boiro) e Oleiros (Ribeira).

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o deputado José Ramón Rioboo agradeceron o agasallo, empaquetado nunha bolsiña ecolóxica de tea de saco co lema A Deputación ao teu caróne desexaron un bo Nadal á gran familia de Amicos.

A iniciativa, xa convertida nunha tradición, naceu hai uns anos durante unha visita do presidente á entidade, na que puido comprobar o excelente traballo que realizan os alumnos dos obradoiros de Amicos, destinado á inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual. Desde entón, cada Nadal, a entidade agasalla á Deputación cun lote de axendas polo Nadal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.