Ribeira destina 3.000 euros á Escola Infantil Municipal para novas actividades pedagóxicas

20 Decembro 2024

A concellería de Educación aportou 3.000 euros no primeiro trimestre do curso para adquirir equipamento educativo que permita a implantación de pedagoxías activas. Estas metodoloxías están en liña coas directrices do currículo do primeiro ciclo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos..

A Escola Infantil Municipal de Ribeira recibiu a visita do tenente de alcalde, Vicente Mariño, da concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, e da xefa de servizo do Departamento de Servizos Sociais, Francisca Vidal. Durante o acto, foron recibidos pola directora pedagóxica do centro, Olalla Ouviña, para coñecer as novidades e os avances das súas actividades educativas.

A directora pedagóxica, Olalla Ouviña, agradeceu a contribución do Concello, destacando que o material adquirido é clave para avanzar nas pedagoxías activas. “Estamos introducindo novas formas de traballar que fomentan o desenvolvemento integral das crianzas”, afirmou. Tamén informou que, nesta semana, se están levando a cabo actividades de Nadal, incluíndo unha festa de portas abertas para as familias, cunha instalación deseñada pola docente Nerea González utilizando materiais orgánicos e reciclados.

A concelleira Cruz Rivadulla resaltou o impacto destas innovacións pedagóxicas: “A intención é que as crianzas non só aprendan, senón que investiguen, desenvolvan ideas e traballen tanto a nivel intelectual como emocional e afectivo.” Ademais, subliñou o compromiso do Concello para continuar apoiando ao equipo da escola infantil e as súas iniciativas educativas, sinalando que “é un orgullo ver os resultados deste esforzo conxunto.”

Francisca Vidal, responsable de Servizos Sociais, explicou que este departamento tamén colabora activamente na xestión dos fondos da escola, coordinándose coa empresa concesionaria Aurora, Pilar e Ana S.L., da que destacou o bo traballo que están a realizar.

Para rematar, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, agradeceu o esforzo de todo o equipo da Escola Infantil Municipal e transmitiu os seus desexos de bo Nadal a todas as familias.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.