Sábado 21, empeza o inverno con ceos nubrados e chuvascos febles no norte

20 Decembro 2024

Este sábado, empeza o imverno ás 10,21 da mañá e Galicia situarase nunha zona intermedia entre altas e baixas presións, o que permitirá a chegada dunha fronte moi debilitada que afectará principalmente ao norte da comunidade, podendo chegar o norte da comarca.

Os ceos permanecerán maioritariamente nubrados, con nubes máis densas nas provincias da Coruña e no norte de Lugo, onde se prevén precipitacións de carácter feble, especialmente durante a tarde. Pola contra, a metade sur gozará de maiores claros ao longo da xornada.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas non rexistrarán cambios significativos. O vento soprará moderado do suroeste no litoral norte e frouxo no resto da comunidade, cambiando a noroeste e mantendo unha intensidade frouxa tras o paso da fronte durante a tarde.

O domingo  teremos ceos moi nubrados con precipitacións febles máis probables na metade norte. As temperaturas sufrirán un lixeiro ascenso.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá e á tarde e do nordés á noite, forza 1 a 2. Mar rizado á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.