A ABE confirma a presenza de Papá Noel este sábado na praza do Concello de Boiro

20 Decembro 2024

A patronal boirense (ABE) vén de achegar boas novas para nenos e maiores: a visita a Boiro de Papá Noel este sábado 21, ao mediodía e pola tarde, no hall habilitado na praza do Concello.

Para quen queira acudir á recepción, a ABE explica que presentando un tícket ou factura de compra de mais de 10€ de calquera dos 207 socios da entidade empresarial boirense (poden acumularse e valen de calquera data) poderemos facernos unha foto especial con Papa Noel e levala de agasallo (impresa en tamaño 10×15) xunto cunha bolsa de doces co corazón de Somos Boiro.

Os horarios son os seguintes:

Sábado pola mañá de 12:00 a 14:00 horas

Sábado pola tarde de 16:30 a 20:30 horas

Visita de Papa Noel aos negocios participantes

Ademais os negocios participantes na campaña tamén recibirán a visita de Papa Noel o 23 e o 24 decembro, onde Santa Claus entregará unha bolsa de bombóns co logo de Somos Boiro, farase unha foto no negocio e agasallará lambonadas á rapazada que se atope alí ou polo camiño.

Os horarios son os seguintes:

Luns 23 pola mañá de 10:30 a 13:30 horas

Luns 23 pola tarde de 17:30 a 20:30 horas

Luns 24 pola mañá de 10:30 a 13:30 horas

O percorrido e os negocios que visitará pode consultarse na web da ABE ao igual que o resto de información da campaña.

Caixa de correo para as cartas Reis Magos

A ABE informou tamén que está colocada na praza do Concello a caixa de correos especial para que os cativos da casa poidan depositar as cartas para As Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente. As cartas poden conseguirse nos negocios participantes na campaña e entre todas as cartas recibidas sortearanse 3 bonos ABE especial aniversarios por un valor de 100€ para que o/as 3 neno/as gañadores/as os destinen á súa festa de cumpreanos (torta, agasallos, roupa, deportes, libros, comida, bebida ….)

Sorteos desta semana

En canto aos sorteos dos premios diarios de 100€ esta semana a ABE segue a incrementar o número de tíckets rexistrados e xa son 2681 dende o inicio da campaña o día 7 de decembro.

Os premiados de luns a xoves foron os seguintes:

Manuelita Vila Ferreiros – por compras en Ferretería Casais

Susi – por compras en Xoguetería Tatino

Cristina Rodriguez Cespón – por compras en Tiendas Pillados

Pilar Piñeiro Sayans – por compras en Cosmos Tendas Multiprezos

A ABE contactará cos premiados que recollerán os premios ao final da campaña nun acto o venres 10 de xaneiro ás 13:45 hs.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.