A Pobra dará a benvida ao 2025 cunha dobre celebración

19 Decembro 2024

A Pobra do Caramiñal adianta a benvida ao 2025 cunhas badaladas no mediodía do 31 de decembro, dende a Casa Consistorial.

“Repetimos por segunda vez esta actividade dada a gran aceptación e como un momento para que a veciñanza de tódalas idades vivamos en conxunto a entrada no novo ano. Trátase, ademais, dunha alternativa de lecer para quen non opte por saír pola noite”, declarou a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, xunto ao seu homólogo da Mocidade, Eloy Sobrido.

Nesta ocasión, será o cómico Oswaldo Digón quen se encargue de conducir este acto para que, cando o reloxo marque as 12.00 horas, a veciñanza se dispoña a comer as doce uvas. Previamente, a partir das 11.30 horas, estarase facendo entrega nas inmediacións das uvas e do cotillón.

Deseguido, os Festicultores levarán a música por todo o núcleo urbano animando o ambiente, a partir das 12.15 horas. Pola noite, o toldo situado na praza Alcalde Segundo Durán converterase en punto de encontro coa celebración da festa de Aninovo con DJ e cotillón, das 01.00 horas en diante.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.