Os empresarios de Ribeira entregan ás asociacións sen ánimo de lucro entradas gratuítas para a pista de xeo

18 Decembro 2024

Este 18 de decembro a sede da Asociación de Empresarios de Ribeira acolleu o acto de entrega de entradas gratuítas para a pista de xeo impulsada pola patronal na explanada do porto. As entradas foron dar a diversas asociacións sen fin de lucro con presenza no concello.

No acto de entrega estiveron presentes o presidente da asociación, Francisco Martínez Gude, e o concelleiro e primeiro tenente de alcalde de Ribeira, Vicente Mariño, ademais dos representantes da Fundación Faibén e da Cruz Vermella de Ribeira.

Pista de xeo ata o 12 de xaneiro

Para celebrar ao grande deste Nadal, a explanada do porto de Ribeira (o Malecón) acolle dende o 5 de decembro e até o 12 de xaneiro unha pista de xeo de 250 metros cadrados para o desfrute de veciños e visitantes. Trátase dunha iniciativa da Asociación de Empresarios que contou cos permisos de Portos e coa colaboración dos Concellos de Ribeira, da Pobra do Caramiñal e de Porto do Son, co obxectivo de completar e enriquecer a oferta destes territorios da comarca do Barbanza durante as festas de Nadal e fortalecer, a maiores, a dinamización comercial durante estas celebracións.

O custe é de sete euros, con tarifa rebaixada para entidades sociais, colexios ou asociacións de nais e pais. Ademais, as patronais dos ditos territorios distribuirán entradas entre os establecementos participantes (sectores comerciais, da hostalería e da restauración) para seren repartidas entre os seus clientes, fomentando deste xeito as compras durante estas festas sinaladas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.