Sete clientes da praza de abastos da Pobra comprarán a cea de Noiteboa no seo da campaña “Volta o Nadal, voltan as Caramiñas”

18 Decembro 2024

A Pobra do Caramiñal reparte as primeiras caramiñas no seo da campaña comercial orientada ao mercado municipal baixo o lema Volta o Nadal, voltan as Caramiñas tralo sorteo do importe da cea de Noiteboa. Unha praceira foi a encargada de sacar da urna os sete boletos afortunados: un primeiro de 400 euros, dous segundos de 200 euros e catro terceiros de 100 euros.

Milagros Vázquez Fernández (primeiro), Margarita Boo Hermo (segundo), Luis Moure Vázquez (segundo), Fernando Sánchez Louzao (terceiro), Mª José Rial Cadillo (terceiro), Mª Carmen Cerecedo Rego (terceiro) e Amalia López Vilasó (terceiro) recibiron os seus vales/caramiñas da man da concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, para trocar por produtos nos postos do mercado municipal ata o día 24.

Esta acción posta en marcha pola Concellaría da Promoción Económica coa colaboración da Asociación de Profesionais da Praza de Abastos continúa operativa deica o sorteo do importe da cea de fin de ano. Deste xeito, a campaña reparte 2.400 euros no total. En palabras da edil, o obxectivo é “poñer en valor o produto de proximidade, o traballo dos praceiros e das praceiras e agasallar a fidelidade da clientela.”

Por cada dez euros de compra, entregarase un boleto. Este deberase cubrir con nome, apelidos e teléfono de contacto para depositar nas urnas colocadas no interior da dita instalación municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.