Reconstrúen o Coro do Mestre Mateo da Catedral de Santiago coa axuda da realidade virtual

18 Decembro 2024

O grupo de investigación KosmoTech (USC) presentou este 17 de decembro os detalles dun proxecto de seu para rematerializar virtualmente o coro da Catedral de Santiago: o Coro do Mestre Mateo. Mediante as novas ferramentas inmersivas, achegaron a restitución de catro sitiais e unha nova proposta de reconstrución integral da estrutura arquitectónica do coro.

Antecedentes

Fontes da Universidade de Santiago puxeron o foco na importancia restitutiva do proxecto (que contribúe a encher baleiros estruturais perpetrados no tempo) e lembraron que o Coro do Mestre Mateo desmantelouse nos albores do século XVII e ao longo do XX realizáronse diversos intentos de reconstrución parcial “sen chegar a unha solución satisfactoria en canto á súa configuración arquitectónica xeral, estrutura dos sitiais, disposición escenográfica e programa iconográfico”. Mais “o achado de novas pezas do coro durante as obras recentes de acondicionamento da cripta do Pórtico da Gloria permitiu alcanzar unha nova visión de diversas partes da súa estrutura”, sinalaron.

A raíz deses últimos descubrimentos e dunha exhaustiva investigación xurde o proxecto KosmoTech_1200, laboratorio multidisciplinar que une tecnoloxías avanzadas con investigación histórico-artística e arqueolóxica de vangarda para reconstruír dixitalmente patrimonio único. Esta iniciativa puxo o foco na Catedral de Santiago de Compostela como estudo principal e, en concreto, as estruturas creadas baixo a dirección do mestre Mateo: o nártex occidental e o coro pétreo. Financiado pola Axencia Estatal de Investigación, KosmoTech_1200 está desenvolvido no CISPAC grazas a un convenio de colaboración entre a USC e a Fundación Catedral de Santiago.

O equipo de investigadores nunha imaxe de Santi Alvite

Este martes 17 de decembro o equipo de investigación presentou os seus últimos avances nunha rolda de prensa na que participaron o investigador principal do proxecto, Francisco Prado-Vilar; o coordinador técnico Anxo Miján Maroño, e os técnicos de virtualización Alexandre González Rivas e Carlos Paz de Lorenzo.

Grazas ao seu traballo pode coñecerse unha nova visión integral da estrutura arquitectónica do coro así como unha reconstrución en 3D inmersiva de catro sitiais. Tal e como asegurou Prado-Vilar, logro da reconstrución virtual do coro “sería posíbel a rematerialización deste monumento e doutros moitos que hoxe xa non existen na súa forma orixinal”.

Dimensión pedagóxica do Coro

O concerto vocal do coro entronca directamente coa excelencia escultórica do Pórtico de la Gloria, onde o mestre Mateo dirixiu o seu obradoiro de escultores para que representasen fielmente en pedra un concerto de música instrumental, “rexistrando todos os seus detalles cun naturalismo nunca alcanzado ata entón, desde a disposición corporal dos músicos ata as características técnicas de cada instrumento, e o mesmo fixo co concerto vocal do coro”, explicou a USC.

Todos os detalles deste complexo monumento, os xa coñecidos e os descubertos a partir da análise rigorosa dos fragmentos atopados, foron catalogados e fotogrametriados polo equipo científico técnico de KosmoTech_1200 para a súa posterior inserción nun modelo reconstruído en 3D inmersiva de catro sitiais, cunha anastilose das partes ausentes e reconstrución das súas policromías baseada nos restos achados en cada peza.

Ademais, o equipo propón unha nova reconstrución integral da estrutura arquitectónica do coro que inclúe a decoración da fachada, a vía sacra, os sitiais, as tribunas e escaleiras de acceso, así como as arcadas exteriores e os sistemas de iluminación.

KosmoTech

Unha parte esencial de KosmoTech (https://kosmotech-1200.cispac.gal/) é o desenvolvemento de modelos dixitais de última xeración que permitirán recuperar a experiencia multidimensional de cada espazo reconstruído e procesar datos de forma interactiva, así como visualizar as súas transformacións ao longo do tempo e, en última instancia, axudar ao deseño de estratexias informadas de conservación, transferencia de coñecemento e valorización do patrimonio.

Ademais de producir una restauración dixital de monumentos esenciais do patrimonio mundial, que xa non son accesíbeis na súa concepción orixinal, KosmoTech_1200 ten unha profunda vocación social, xa que achega a ciencia e o patrimonio á cidadanía e contribúe ao deseño de ferramentas pedagóxicas para axudar a grupos específicos a mellorar as súas habilidades cognitivas e creativas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.