Boiro pon en marcha un protocolo de actuación para reparar as deficiencias dos centros educativos

06 Marzo 2020
Facebook ANPA Loureda

As Concellarías de Obras e Educación de Boiro veñen de poñer en marcha un protocolo de actuación coa finalidade de resolver as deficiencias que presentan os centros educativos do municipio. Unhas accións que a edil de Educación, María Outeiral, lle presentou o mércores á ANPA de Cabo de Cruz nunha asemblea que convocaron para tódolos membros do colectivo coa intención de dar conta das reformas do CEIP Santa María do Castro.

Desde o Concello manifestan que, semanas atrás, a ANPA fixo públicos uns carteis que alertaban do abandono de anos que sufre o colexio crucense, tras os que a dirección do centro recibiu unha solicitude de cita de Xefatura Territorial, a cal tivo lugar o pasado luns entre a administración e a directiva do centro, contando tamén coa asistencia da ANPA. Así, na asemblea do mércores, os directivos da asociación de nais e pais deron conta dos acordos aos que Xefatura Territorial chegara en canto ás reparacións do centro.

Nunha xuntanza previa mantida no mes de decembro entre o Concello de Boiro e Xefatura Territorial, chegarase xa a un acordo de colaboración entre ambas entidades para o arranxo das fiestras, unha actuación que comezou hai dez anos. O acordo acadado naquel momento consistía en que a entidade autonómica se facía cargo do material e a administración local da man de obra, ao entenderse esta intervención de moita relevancia como para asumila unicamente unha parte.

Neste senso, desde o Concello apuntan que levan meses traballando, con persoal propio, para a reparación de tódalas demandas presentada por parte da dirección dos diversos centros en relación ás deficiencias máis urxentes. Na asemblea mantida na tarde do mércores, a concelleira trasladoulle á ANPA os traballos que se están a realizar e as necesidades que presentan tódolos centros debido, segundo afirmou, ao abandono que estes presentaban; ademais de explicar cal é o obxectivo do citado protocolo co que se pretende remediar as deficiencias para garantir un mantemento continuo das instalacións educativas.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.