O Programa Integrado de Emprego de Ribeira será presentado este mércores en Porto do Son

16 Decembro 2024

Este mércores 18 de decembro ás 10:00 horas o concello de Porto do Son vai acoller unha sesión informativa sobre o Programa Integrado de Emprego do Concello de Ribeira no Centro de Interpretación Castro de Baroña.

O Programa integrado de emprego promovido polo Concello de Ribeira e subvencionado pola consellería de Emprego Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal ten como obxectivo a mellora da empregablidade e as posibilidades de inserción laboral das persoas participantes que figuran como demandantes de emprego, por medio de accións complementarias de orientación, formación e intermediación laboral.

O programa ten un compromiso de inserción laboral do 35% das persoas participantes. O ámbito de actividade será a comarca do Barbanza: os concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo e Porto do Son.

Persoas destinatarias: 100 persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no SPEG, pertencentes ao ámbito territorial indicado

Duración: 12 meses (de novembro 2024 a novembro 2025)

Lugar de realización: a Sede estará situada no Viveiro de Empresas do Concello de Ribeira (Lg. Fafián, 29 – 15960 Ribeira – A Coruña).

Máis información e inscricións no documento habilitado polo Concello de Ribeira.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.