Comezan as obras da terceira fase da reforma integral do Camiño Real

13 Decembro 2024

O Concello da Pobra informou do inicio da terceira fase da reforma integral do Camiño Real, no treito correspondente co Conchido. O alcalde José Carlos Vidal salientou a importancia destas obras non “só dende o punto de vista de mellora das infraestruturas, senón tamén medioambiental”. Pola súa banda, a concelleira das Obras, Patricia Lojo, sinalou que “este é un exemplo máis do compromiso e esforzo do Concello por achegar servizos básicos á veciñanza.”

Procederase coa creación dunha rede separativa de recollida de augas pluviais e de saneamento, cos respectivos pozos de rexistro e sumidoiros necesarios. Disporase de diversos bombeos que canalizarán as verteduras cara á estación depuradora de augas residuais da Pobra. Finalmente, reporase todo o firme con aglomerado asfáltico, logo da fresadura do pavimento actual. A dita intervención foi adxudicada á empresa Eulogio Viñal Obras y Construcciones, S.A., por un importe total de 90.512’61 euros, cun prazo de execución de 4 meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.