O Concello de Porto do Son, a través da concellería de Medio Ambiente, convida á veciñanza a participar na recollida gratuíta de voluminosos, que terá lugar o vindeiro martes 17 de decembro.
Así, baixo o lema O noso pobo, o noso fogar. Coidémolo!, o Concello anima a participar nesta xornada en prol do medio ambiente e da reciclaxe, nas que as persoas interesadas deberán chamar previamente aos teléfonos 881 988 550 ou 881 987 175.
Deste xeito tan só se recollerán os aveños (enseres) que estean debidamente depositados á beira dos colectores e que fosen previamente comunicados para a súa recollida.




