“As oportunidades perdidas por non estaren calados en Galicia”. Antón Luaces

13 Decembro 2024

Non por moito falar se ten sempre a razón. Ou máis razòn.  Cando menos na miña opinión. Hai ocasións nas que calar ou modular determinados criterios, ben seguro poden determinar un razoamento máis próximo á realidade do que, ao meu entender, está o editorial de hoxe do xornal de maior tiraxe de Galicia cando, coma con sordina, afirma que a comunidade autónoma de Aragón, onde os investimentos previstos polo Goberno e a Unión Europea van permitir a creación dun importantísimo número de postos de traballo e un salto cualitativo cara adiante trascendental por mor do apoio ou permisividade dos aragoneses á instalación no seu territorio de maxestosas industrias que, ven dicir o antedito editorial, os galegos rexeitamos por non concordarmos coa renuncia explícita a algo tan noso, tan do pobo, coma son os ríos e as súas augas que desembocan en rías (como á de Arousa) por instalar no corazón do País galego unha macrocelulosa multinacional portuguesa que Altri renuncia a afincar no veciño Estado pero, polo que sexa, quere prantar na comunidade autónoma galega. Silencia o editorial referenciado que a auga que consumirá diariamente Altri é a que equivale á que toda a provincia de Lugo consume do Ulla e outros ríos afluentes deste no mesmo período de tempo; silencia asimesmo o editorial que para a produción de celulosa, Galicia debería incrementar para uso de Altri a prantación de eucalipto, co que se incrementaría o consumo de auga -o eucalipto “bebe” inmensamente máis ca outras especies arbóreas galegas- e o perigo de incendios forestais, co engadido de que para crear postos de traballo na macroindustria que se quere instalar en Palas de Rei, Galicia veríase na obriga de perdelos nos sectores da pesca, o marisqueo e a acuicultura, riqueza indiscutible e irrenunciable na ría de Arousa. Tamén os mariñeiros e mariscadores da ría de Muros-Noia deberían renunciar a unha explotación marisqueira en troques da permanencia dunha  mina da que unha empresa asimesmo estranxeira quere seguir a estraer mineral que emporca ríos e mata o marisco na ría noiesa. E a éolica mariña que os mariñeiros galegos rexeitan porque significa a perda de postos de traballo e a creación de pantallas no mar que, a maiores, afectarían a especies moi estimadas de peixes e ao despezamento de centos de barcos de baixura, así como poñer obstáculos para o paso de milleiros de aves migratorias tanto no mar coma en terra, esta a causa da instalación nas montañas de xigantescos aeroxeradores que non levan a Madrid.

Non, Galicia non se nega á industrialización. Máis ben pon pé en parede contra unha industria que outros rexeitan e que un interese desmedido por “plantala” aquí obriga a cavilar sobre os verdadeiros beneficios desas novas industrias por se ubicar alí onde pechan estaleiros e conserveiras, onde creban empresas pesqueiras, onde desapareceu a escasa industria que tiñamos nas áreas de Ferrol, A Coruña, norte de Lugo, etc, por falta de apoio político e económico. 

A que renuncian en Aragón que a cidadanía galega se negara a recibir?. Por que non se apoia aquí á industria pesqueira, ao marisqueo, á agricultura, á gandería e outras non  contaminantes?…

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.