Falece un mariñeiro tras o afundimento dun barco bateeiro no Grove

12 Decembro 2024

A bordo ían tres persoas, das cales dúas foron rescatadas con vida, mentres un terceiro tivo que ser rescatado do interior do barco por mergulladores.

O corpo xa sen vida foi trasladado ao peirao máis próximo e os dous superviventes recibirán asistencia especializada a través dos facultativos do Centro de Saúde.

Ás 9:30 horas, o 112 Galicia recibiu a primeira chamada de auxilio desde Porto Meloxo, no Grove. O alertador avisou do afundimento dun barco no polígono bateeiro de Meloxo. Indicou que había dúas persoas fóra da auga, sobre unha lancha, e unha desaparecida, posiblemente no interior da embarcación.

Para o rescate, organizouse un operativo formado por rescatadores de Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas de Galicia, Servizo Municipal de Protección Civil do Grove, GES de Sanxenxo, axentes da Garda Civil e da Policía Local e profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. 

Sen embargo, a persoa desaparecida estaba dentro da embarcación, que xa tiña a proa completamente ao sol, e a única forma de localizala era mediante a inmersión. Así, un mergullador da zona descendeu e atopou o corpo sen vida do mariñeiro.

Mentres, os outros dous tripulantes, que estaban a salvo, foron trasladados a porto noutro barco, o Polaris, e despois ao Centro de Saúde da localidade para someterse a unha valoración médica. Se ben, fisicamente, presentaban un bo estado, posiblemente, necesiten axuda especializada. Cómpre sinalar que os implicados eran tres membros da mesma familia, que traballaban a bordo da embarcación afundida.

Cando foi rescatado, o cadáver foi conducido por outra embarcación, o “Nuevo Moldes” ao mesmo peirao de Meloxo para continuar co procemento habitual de recoñecemento e identificación. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.