Arrancadeira leva ao Teatro Cine Elma o folclore galego baixo o formato de festival de Nadal

12 Decembro 2024

O Festival de Nadal de Arrancadeira desenvolverase no domingo 15, ás 18.00 horas, no Teatro Cine Elma; unha cita importante para a entidade, máis se cabe, dado que neste 2024 cumpre dez anos de traxectoria a prol da música e o baile tradicional. E, precisamente, o folclore galego protagonizará este evento que contará coa actuación dos grupos da propia asociación que recuperarán cantos e bailes propios destas datas, ademais de haber sorpresas.

A dita xornada conta coa colaboración do tecido comercial e hostaleiro local, así como de organismos públicos como a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal e a Deputación da Coruña.

O acceso é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.