Detido un boirense como presunto autor de catro delitos de roubo

05 Marzo 2020
Cedida por Garda Civil

A Área de Investigación da Garda Civil do Posto Principal de Boiro detivo a unha persoa como presunto autor de tres delitos de roubo con violencia e outro de roubo con forza. Os feitos producíronse entre os meses de xaneiro e febreiro deste ano, cando o detido accedeu ao interior de dous estancos en Rianxo e unha farmacia e lavandería en Boiro. Coa cabeza cuberta, unha veces pola capucha dun suadoiro e outras con gorro e pano cubríndolle a cara, o individuo utilizaba tanto un coitelo coma un bastón estoque que ocultaba no seu interior un punzón, esixindo a entrega dos cartos que había na caixa, acadando no primeiro delito os 500 euros, 120 no segundo e uns 700 euros ao esnaquizar unha máquina expendedora dunha lavandería cunha maza. Por sorte, en ningunha das ocasións resultaron con lesións as vítimas dos roubos.

A Garda Civil investigou os feitos para lograr a identificación do autor do ilícito, xa que, en tódalas ocasións, a descrición aportada polas vítimas correspondía coa mesma persoa, realizando as actuacións e xestións pertinentes para o esclarecemento do mesmo.

No transcurso da investigación, como resultado do traballo de campo realizado polos compoñentes da mencionada Unidade, conseguiron a identificación plena, procedendo á súa detención como presunto autor dos delitos de roubo con intimidación e violencia.

O detido, xunto coas actuacións realizadas, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Ribeira, decretándose a súa posta en liberdade e presentación quincenal nos xulgados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.