A patronal da Pobra achega este Nadal 2.000 euros en premios e un iPhone 16

10 Decembro 2024

A Asociación de Empresarios da Pobra do Caramiñal volve recompensar as compras locais durante estas festas de Nadal ao tempo que impulsa e dinamiza o tecido comercial. O gran protagonista da Campaña de Nadal da patronal da Pobra será o gran sorteo presencial que vai ter lugar na sede da patronal o vindeiro 5 de xaneiro ás 13.00 horas, na sede da entidade.

Este ano a asociación mobilizou premios por un valor de máis de 2.000 euros, ao que se suma o sorteo dun dos mellores dispositivos tecnolóxicos de cantos se poden adquirir hoxe no mercado: un iPhone 16, valorado en arredor de 1.000 euros. Para aspirar a estes premios as persoas interesadas deberán facer compras por máis de 10 euros nos establecementos locais, e recibirán unha tarxeta rasca que logo deberán trocar por rifas o 5 de xaneiro a partir das 12.00.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.