Últimas horas para anotarnos na Andaina Solidaria e Belén de Cumes

10 Decembro 2024

Preto dun cento de persoas xa formalizaron a súa inscrición na Andaina Solidaria / Belén de Cumes, que o Concello de Lousame organiza este sábado 14 de decembro. Unha iniciativa solidaria na que as inscricións estarán abertas ata as 23:59 horas deste mércores 11 de decembro en emesports.es por un prezo de 6€ (de balde para menores de 10 anos).

A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, explicou que “todo o recadado será destinado ás persoas damnificadas pola dina de Valencia, polo que dende o Concello de Lousame animamos a todas as persoas a participar nunha iniciativa solidaria e desfrutar dun interesante percorrido pola natureza lousamiá, con fermosas e espectaculares vistas á ría de Muros Noia e á ría de Arousa”.

As persoas participantes concentraranse na praza do Concello ás 10:00 horas do sábado 14 de decembro, dende onde se desprazarán ata o monte Iroite en autobuses achegados por Autos Comparado. Dende aló partirá unha baixada duns 10 km ata a capela da Nosa Señora da Gorgosa (Camboño), onde se montará o tradicional Belén de Cumes. Este típico Nacemento está composto por figuras de gran tamaño e cada ano se monta nunha igrexa do municipio, quedando aló para ser desfrutado pola veciñanza da parroquia durante o Nadal.

“Baixaremos por un camiño de piñeiros cara o miradoiro da Balconada, cunhas vistas espectaculares da ría, e desde aló iremos por pistas de monte ata a aldea de Soutelo, dende onde continuaremos ata a ermida da Gorgosa, onde reporemos forzas cun chocolate con churros da man de Churrería Rafa e desfrutaremos dunhas panxoliñas da voz de Chiña”, sinala Germán Romero, técnico de Deportes de Lousame. A volta en bus á praza do Concello está prevista para as 14:30 horas.

O evento está organizado polo Concello de Lousame e conta coa colaboración da Cruz Vermella de Noia, Protección Civil de Lousame, Autos Comparado e a rede de voluntariado de Lousame.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.