O concurso de tarxetas de Nadal de Rois recoñece a creatividade do alumnado local

09 Decembro 2024

O Concello de Rois celebrou unha nova edición do seu concurso de tarxetas de Nadal, unha iniciativa dirixida a fomentar a creatividade artística entre o alumnado de educación infantil e primaria dos centros educativos do municipio.

O xurado, formado por Gloria Lestido Beiró (representante do profesorado), Uxía Pérez Pose (representante do persoal municipal) e Laura Vidal Bralo (representante das ANPAS), reuniuse este luns 9 de decembro para avaliar os traballos presentados e decidiu os seguintes gañadores:

-Na categoría de 1º a 3º de educación infantil: o alumnado da Galiña Azul de Rois.

-En 4º a 6º de educación infantil: Álex López Rodríguez, de 4º de infantil no CEIP O Pumar Urdilde.

-En 1º e 2º de primaria: Anxo Fabeiro Domínguez, de 1º de primaria no CPI Os Dices Rois.

-En 3º e 4º de primaria: Idaira Vilariño Maseda, de 4º de primaria no CPI Os Dices Rois.

-En 5º e 6º de primaria: Lía Seco Ares, de 6º de primaria no CEIP O Pumar Urdilde.

-Na categoría especial de colaboración con persoas adultas: Lía Ríos Fernández, de 4º de infantil no CEIP O Pumar Urdilde.

A tarxeta seleccionada para enviar como felicitación institucional do Concello este Nadal foi a de Lía Seco Ares, gañadora da categoría E.

Todos os participantes recibirán un diploma como recoñecemento á súa implicación nesta iniciativa, que cada ano destaca polo alto nivel creativo dos traballos presentados.

A entrega dos premios terá lugar o vindeiro venres 20 de decembro, ás 18:00 horas, no auditorio municipal, antes da representación da obra Carapuchiña Vermella, incluída na programación de Outono Miúdo.

Postal institucional. Categoría E_ Lía Seco Ares_ 6º EP_ CEIP O Pumar Urdilde

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.