Catro centros da nosa comarca participan no programa “Cinema con perspectiva”

07 Decembro 2024

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional vén de publicar os 40 centros seleccionados para participar en Cinema con perspectiva. Esta iniciativa, desenvolvida en colaboración coa asociación cultural Festival Internacional Cinema de Bueu (FICBUEU), está dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO e busca incorporar a análise crítica sobre o tratamento da muller no cinema e noutras formas de expresión audiovisual.

A través deste programa, ao longo do segundo e terceiro trimestre do curso 2024/25, realizaranse actividades que combinan a análise e a creación audiovisual. Nunha primeira fase, o alumnado visualizará unha selección de curtametraxes centradas en temas como a igualdade de xénero, a violencia machista e o papel da muller na sociedade. Estas proxeccións incluirán coloquios dinamizados por persoas expertas para fomentar a reflexión sobre os valores e as mensaxes transmitidas.

A segunda parte do programa consistirá nun obradoiro no que os participantes desenvolverán pequenas producións audiovisuais con enfoque de xénero, empregando formatos como curtametraxes, vídeos musicais ou anuncios. Estas creacións abordarán conceptos como a equidade entre homes e mulleres, o apoderamento feminino e a desconstrución de roles tradicionais, permitindo ao alumnado expresar de forma creativa as aprendizaxes adquiridas.

Polsa nosa comarca están incluídos dous centros de Boiro, o IES ESpiñeira e o IES Plurilingüe Santa María do Castro; un de de Muros, o IES As Insuas; e un de Rianxo, o CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.


Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.