Ribeira reluce co acendido do alumeamento do Nadal

05 Decembro 2024

Este xoves tivo lugar a inauguración do acendido do Nadal nunha ribeirense praza da Porta do Sol ateigada de xente cun primeiro acto onde os nenos e nenas prenderon o botón de acendido despois dun pequeno discurso do rexedor, Luís Pérez arroupado por tódolos membros do Goberno Local e da Corporación. A continuación mentres os asistentes facían a cola para a chocolatada comezaba a actuación do grupo boirense D ́Crooners Band.
O rexedor, nun discurso breve, apelou a que “o Nadal é unha época de luces e cores sen dúbida, pero tamén é unha oportunidade para reencontrarnos co que realmente importa: a nosa familia, os nosos amigos e todas as persoas que fan que a nosa vida sexa especial.
Estas festas lémbrannos que, mesmo nun mundo cheo de présas e obrigacións, sempre debe haber lugar para a maxia, o agarimo e a celebración en boa compañía.
Tamén agradeceu a comprensión da veciñanza por un pequeno retraso da iluminación nalgunhas localizacións ”o traballo que non rematou, as diversas alertas motivaron un atraso e polo tanto; continuará os vindeiros días para que as nosas parroquias tamén brillen con todo o seu esplendor. O alcalde rematou “Bo Nadal a todos e todas! prendamos as luces e con elas a alegría e os momentos que
compartiremos xuntos e xuntas.”
Ao mesmo tempo que comezaba a actuación na Porta do Sol, a comitiva se trasladou ao Malecón onde ás 18:00horas xa se inauguraba a pista de xeo para dar paso á inauguración do Belén que tradicionalmente o decoran con moito esmero os membros da Unidade Condutas Aditivas de Ribeira a quen se lle agradeceu tamén o seu labor.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.