Este venres 6 de decembro vaise celebrar a XXXVII edición do Trofeo Ciclocross do Concello de Boiro. Será en praia Xardín, a partir das 10.00 horas, organizado polo Club Ciclista Barbanza co apoio do Concello boirense.
Esta proba deportiva está preparada para as categorías Cadetes, Xuvenís, Elite, Sub 23, Master 30-40-50-60, todas elas en categorías masculina e feminina.
O circuíto, duns 3.000 metros, estará montado nas inmediacións do río Coroño, collendo o piñeiral, un anaco da praia de Barraña e tamén parte da estrada. Hai máis de 300 persoas inscritas.
As inscricións rematan este xoves 5 de decembro ás 15.00 horas.




