Incendio nun transformador eléctrico no soto do Concello de Ribeira

04 Decembro 2024

Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira participaron este mediodía nun operativo provocado polo incendio nun transformador eléctrico situado no soto da Casa Consistorial de Ribeira.

O lume foi extinguido polo sistema automático do propio transformador. Durante a actuación os bombeiros provinciais fixeron comprobacións de gases na estancia.

As primeiras informacións chegaron un cuarto de hora despois das 14:00. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, saltara unha alarma de incendio na casa consistorial do auditorio, na rúa de Portugal.

Decontado, desde o CIAE 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Boiro, ao GAEM de Ribeira, á Policía Nacional e á Local e á Agrupación de Voluntario de Protección Civil de Ribeira.

Os membros do GAEM acudiron á zona e indicaron que había falta de osíxeno na estancia, o que podía deberse á explosión dun extintor. Por precaución, decidiuse proceder ao desaloxo do edificio.

Trala chegada da dotación dos Bombeiros de Boiro, estes explicaron que non se vira nada afectado pois non chegou a arder nada, senón que se vaciaran tres botellas de extinción. Ademais, realizaron labores de ventilación no inmoble.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.