As mostras de cociña da Pobra ensinarán innovadoras elaboracións para os menús do Nadal

04 Decembro 2024

As comidas son un dos principais focos de atención do Nadal e, para ensinar innovadoras elaboracións fáciles de replicar na casa, a Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal promoveu novamente as mostras de cociña. A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, xunto coa técnica municipal desta área, Sara Sánchez, destacou na presentación da iniciativa o éxito acadado no pasado ano, polo que se decide continuar neste co obxectivo tamén de “aprender novas receitas, centrándonos no produto de proximidade, no produto de calidade que se vende na praza de abastos.”

Dous cociñeiros de prestixio asumirán a tarefa de dar clases nos fogóns: no venres 13, con Luís Arijón, do Nojira; e no venres 27, da man de Iago Pazos, de Abastos 2.0. As persoas asistentes levarán tamén para a casa un receitario coas instrucións de preparación dos pratos.

Estes obradoiros impartiranse ás 19.00 horas, no mercado municipal, cun límite de 25 prazas cada un. As inscricións formalizaranse no enderezo electrónico promocioneconomicapobra@gmail.com a partir do 5 de decembro. Deberanse proporcionar os seguintes datos: o nome, os apelidos, o teléfono de contacto e a xornada na que se quere participar. Unicamente se pode acceder a unha mostra, aquela indicada como preferencia. En caso de apuntarse nas dúas, quedarase en lista de agarda na restante, e, de haber vacantes, cubrirase por orde de reserva.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.