Muros celebra a súa primeira Gala do Deporte o vindeiro 21 de decembro

03 Decembro 2024

O Concello de Muros compartiu nas redes o cartel da I Gala do Deporte local, que tamén ten abertas as votacións populares para elixir o máis destacado do ano no termo municipal.

Segundo confirmou o Concello, na I Gala do Deporte do Concello de Muros, que se celebrará o vindeiro sábado 21 de decembro, hai unha categoría na que os veciños/as teñen que elixir ao seu deportista favorito, cunha votación popular que xa está aberta na web municipal, nun apartado específico.

“Trátase dun evento moi agardado por todo o mundo deportivo do noso concello. É hora de darlle a visibilidade que merece”, comentou a alcaldesa, María Lago, acerca dese novo acontecemento festivo para celebrar a actividade deportiva do concello e a importante canteira de talentos novos e consagrados que atesoura.

“A Gala do Deporte é unha iniciativa do Goberno local que tivo unha moi boa acollida, temos varias candidaturas en todas as categorías e quero agradecer a clubes e deportistas a súa colaboración”, afirmou pola súa parte o concelleiro de Deportes, Damián Torea, que adianta “moitas sorpresas o día 21”.

Outros artigos

Amicos énchese de personaxes de cinema para celebrar o Samaín

Meigas, criaturas do máis alá e personaxes dalgunhas das películas máis coñecidas do cinema de terror déronse cita na sede boirense de Amicos para celebrar o Samaín 2026. O Centro de Atención Integral transformouse nun escenario de película, onde persoas de todas as...

+

Ames, a RAG e Rois impulsan unha nova edición de Modo galego

O proxecto de investigación-acción para a dinamización da lingua na infancia Modo galego, actívao! iniciou hoxe unha nova etapa de consolidación e extensión. Fíxoo novamente da man do Concello de Ames e a Real Academia Galega (RAG) e cunha nova entidade aliada: o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.