Condutor atrapado na avenida de Ferrol en Ribeira

02 Decembro 2024
Dotación dos bombeiros de Ribeira movilizada por un accidente de tráfico na avenida de Ferrol, en Ribeira.

En Ribeira, interviñeron os bombeiros do parque comarcal para atender a unha persoa, que quedou atrapada tras unha colisión na avenida de Ferrol. 

Unha vez fóra do coche, foi conducida por unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao centro hospitalario de referencia. 

Neste accidente tamén resultou ferido o condutor do outro vehículo implicado, pero encargáronse os axentes da Policía Local de levalo ao centro de saúde.

Eran as 9:30 horas desta mañá cando o 112 Galicia recibiu a información sobre este sinistro e activáronse todos os protocolos correspondentes para a mobilización dos recursos. Así, ademais de bombeiros, sanitarios e axentes de seguridade, acudiron os membros do Grupo Municipal de Emerxencias.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.