As parroquias da Pobra vivirán o Nadal con mancheas de actividades

02 Decembro 2024

As propostas lúdicas para o Nadal non se centrarán exclusivamente no centro da Pobra do Caramiñal. A Concellaría da Participación Veciñal leva ás parroquias numerosas actividades para desfrutar desta época. Haberá chocolatada, inchables, xogos tradicionais, minidisco, karaoke e obradoiros, en horario de 17.30 a 20.30 horas.

Será na escola unitaria da Granxa (no venres 6), na pista deportiva de San Isidro (no sábado 7), no centro sociocultural da Ribeiriña (no domingo 8), na escola unitaria da Angustia (no venres 13) e na pista cuberta do CEP Salustiano Rey Eiras (no luns 23).

Con relación a isto, a concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, fai fincapé en que se busca “estender o espírito destas datas a cada recuncho da nosa localidade. Seguimos así na senda de descentraliza-las actividades do núcleo urbano, levándoas tamén ás zonas do rural.” En canto á elección do colexio de Bandaseca, explica que se concentran alí O Vilariño, O Camiño Ancho e O Campiño para ter así un espazo cuberto amplo, ademais de que, por exemplo, o centro sociocultural do Campiño está en obras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.