Este domingo celebrouse o tradicional Xantar dos Maiores do Concello de Outes. Foi, en palabras do Goberno local, un día de confraternidade e celebración. A 26ª edición deste evento sénior organizado polo Concello celebrouse novamente no Pavillón Municipal da Serra e á cita asistiron máis de 650 persoas. Lembrar que o encontro estaba previsto para o pasado día 26 de outubro, pero tivo que ser aprazado polo recente episodio de contaminación da auga para consumo no termo municipal. Entre os asistentes a este xantar de confraternidade atopábase o alcalde Manuel González, ademais doutros membros da Corporación municipal.




