Caramuxo Teatro leva a Outes (este sábado) a súa función infantil “Redondo”

28 Novembro 2024

Proseguen as funcións do Outono Teatral de Outes, organizado pola Área de Cultura Municipal que dirixe Anxo Núñez. A axenda continúa este sábado 30 de novembro con Redondo, de Caramuxo Teatro. Haberá dous pases: un ás 18:00 e outro ás 19:00 horas. As entradas están á venda na páxina web Bandoticket.com e na Casa da Cultura de Outes. Redondo é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas. Preséntanos a un personaxe singular: mister. Round, a quen lle fascinan todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día, na súa incesante procura atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes.

En definitiva, Redondo é unha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia.

Duración: 30 minutos aproximadamente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.